A IMAXE DIXITAL I
Obtéñense a través dun escaner, unha cámara fotográfica ou dixital ou directamente dende o ordenador utilizando diferentes programas. A información almacénase no ordenador mediante bits (unidade de información utilizando 0 ou 1), estos agrúpanse en bytes (grupo de 8 bits) que se agrupan en kilobyte (1000 bytes), Megabytes (1000 kB), Gigabyte (1000 MB) e o Terabyte (1000 GB).
- O pixel: Unidades de cor que compoñen unha imaxe. Non teñen medidas concretas. Ao xuntarse forman celdillas, creando unha rede rectangular. Toda a información dunha imaxe dixital consta dunha matiz de píxeles que vemos na nosa pantalla e gardamos no ordenador.
-. Profundidade de píxel: É unha medida binaria. Cando a profundidade de píxel é de 1 bit significa que a imaxe soamente ten duas cores ou dous niveis de gris (branco ou negro). Se a profundidade é de 24 bits chegamos a 16 millóns de cores distintos en cada píxel.
-. Cor real: Cada pixel soamente pode ser dunha cor. Se a profundidade é de 24bits, manexamos millóns de cores coa combinación dos tres primarios: vermello, verde e azul (RGB).
- Modos de cor: É o sistema de coordenadas que describie as cores de forma numérica. Os principais son o RGB (vermello, verde e azul), o HLS (tono, luminosidade, saturación) e o CMYK (cian, magenta, amarelo e negro). Os modos de cor cambian o tamaño da imaxe e o nº de canles da cor que utilizan. Se incrementamos o nº de cores aumenta o tamaño do arquivo que contén a imaxe. Existen diferentes modos de cor: Mapa de bits (1 bit, branco ou negro), escala de grises (8 bits, 256 niveis de grises), cor indexada (8 bits por pixel, 256 cores), cor RGB (16'7 millóns de cores), cor CMYK (4 canles con 32 bits por pixel)
-. Resolución da imaxe: Relaciónase coa calidade dunha imaxe, a maior resolución maior calidade de imaxe. Existen diferentes conceptos: O tamaño da imaxe (depende das dimensións medidas en píxeles ou noutras unidades), a resolución da imaxe (a maior resolución máis píxeles caben nunha pulgada e o tamaño deles é menor), o tamaño de arquivo da imaxe (en bits, a maior tamaño da imaxe maior tamaño do arquivo).
-. Cando utilizar cada resolución: Depende do destino final da imaxe na que estamos traballando. Se utilizamos a imaxe exclusivamente na pantalla do ordenador temos en conta a resolución da pantalla. Se vamos a imprimila, canto maior sexa a rosolución maior é a calidade e o detalle. Se a imaxe final vai ter maior tamaño que na imaxe orixinal, necesitamos maior información ao escanear, e se a imaxe final vai ser de menor tamaño bastará cunha resolución menor.