- Cambios de resolución: Os cambios que podemos facer en GIMPvan cara a impresión da imaxe. Para facelos temos que ir ao menú IMAXE --> TAMAÑO DA IMPRESIÓN, nesta ventá cambiamos a resolución según a nosa decisión. Estos cambios non afectan ao tamaño do arquivo en disco.
- Cambios de tamaño: Noutras ocasións faise referencia a un cambio de resolución da imaxe cando, en realidade, é un cambio nos píxeles da imaxe. Pódense facer dous tipos de cambio de tamaño en píxeles da imaxe:
-. Interpolación o alza: Se ampliamos unha imaxe o programa que utilizamos crea novos píxeles para rechear ocos que aparecen ao ampliar, estos creanse por interpolación, utilizando información dos píxeles veciños. Para isto accédese ao menú IMAXE --> ESCALAR A IMAXE, GIMP ten catro posibilidades para facer un escalado de imaxe: Calidade ningunha (rápida para imaxes grandes), calidade lineal (resultados correctos), calidade cúbica (mellores resultados, lento en imaxes grandes) e calidade Sinc (mellores resultados ao realizar unha interpolación).
Ao realizar unha interpolación o alza os novos píxeles poden emborronar a imaxe.
-. Interpolación a baixa: O programa elimina a información, co que a imaxe pode deteriorarse. Se temos unha imaxe cunha cámara dixital facemos interpolacións a baixa para obter imaxes máis lixeiras e cun tamaño físico máis adecuado. E conveniente ter a imaxe a máxima resolución e a maior tamaño de imaxe en píxeles para obtelas máis pequenas, xa que aínda que destruen información teremos dispoñible a imaxe orixinal a maior tamaño posible.
- Formatos de imaxe dixital: As imaxes que poden ser tratadas no ordenador básicamente clasifícanse en dous tipos: imaxes bitmap (mapa de bits) e imaxes vectoriais.
- Bitmap: Cando modificamos unha imaxe bitmap cambiamos o aspecto dos píxeles. Os principais formatos son: BMP (Os arquivos teñen gran peso, úsanse en CD-ROM), TIFF (imaxes de alta calidade para imprimir), XCF (almacenar as imaxes con capas e modificalas posteriormente), PICT (comprímese sen perder a calidade da imaxe), JPG (comprime as imaxes pero ten pérdidas de calidade), GIF (utiliza o modo de cor indexado, permite gráficos animados e transparencia), PNG (gran capacidade de compresión sen pérdida e ten a posibilidade de manexar transparencia), PSD (permite gardar as presentacións, retoques e novas creacións).
- Vectorial: Represéntanse con trazos xeométricos feitos por operacións matemáticas que realiza o ordenador. As líneas que compoñen a imaxe están definidas por vectores. A ventaxa deste tipo é que poden reducirse ou ampliarse sen ningúnha pérdida de calidade. Os principais formatos son: SVG (vectores gráficos escalables), WMF (de Windows, é o que mellor se adapta aos programas de dibuxo), SWF ( imaxes vectoriais para animación web), EPS (exportar imaxes con trazadas vectoriais), PDF (confección de documentos descargados).
No hay comentarios:
Publicar un comentario